Unha das formas de aprenderlle galego aos nenos é xogando con cancións, recitados, ditos e adiviñas. Foron unha forma de xogo moi extendida durante moitos anos, pero coma todos os xogos tradicionais estanse a perder. É moi bonito facerlle estes xogos aos pequenos, e ademáis poden facerse en calquera lugar nun momento de aburrimento (esperas nas tendas, no coche, bus,...).
Por iso damos gracias a Orella Pendella, que como di no seu blog http://www.orellapendella.org/ pretenden "difundir a literatura popular infantil de Galicia para que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os/as galegos/as do século XXI."
Ademáis de consultar diversos ditos, recitados e cancións por escrito, no seu blog tamén podemos escoitar algúns, ou enviar a versión que nos transmitiron a nós. Por exemplo, no caso do recitado "Este queixo, queixolán" existen moitas versións. Poñemos a que aportan no audio do blog: http://www.orellapendella.org/este_queixo_queixolan
Este queixo, queixolán,
esta boca pide pan,
este narís, pis, pis,
estes ollos, revirollos,
esta testa, testaruda...,
¡e este peliño de burra!
esta boca pide pan,
este narís, pis, pis,
estes ollos, revirollos,
esta testa, testaruda...,
¡e este peliño de burra!
Podemos ver un video da banda dos Cueiros no que interpretan o tema «Queixo queixolán» nunha das sesións de Contos en Cueiros (fomento da lectura para bebés de 0 a 3 anos) de Espazo Lectura levados a cabo na Casa da Lectura de Donas, Gondomar.
Tamén se pode consultar no libro "Este Queixo, Queixolan", dos autores Antón Cortizas e Juan Ramón Alonso, publicado pola editorial Tambre-Edelvives. O volume está composto por 8 libriños-xoguete. Cada un deles contén unha canción ou unha rima popular en galego que forma parte do noso folclore infantil. Entre as ilustracións hai uns pequenos buratos para que o neno explore coas súas mans e sexa o protagonista das historias: "son libros con furadiños para enredar cos dediños". A colección "Dediños" está formada polos seguintes títulos:
3. Dedín, dedín
5. Reirrei
6. Pedro Chosco
Agardamos que vos gustase o recitado "Este queixo, queixolán" e que llo fagades aos máis pequenos, veredes que gracia lles fai!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario