Agardamos que tiredes partido deste festivo e adiquedes un pouco tempo á Constitución, para aprender máis da mesma ou para comentar os seus puntos máis polémicos, pero atendendo sempre ós intereses dos nenos e a súa curiosidade natural.
A Constitución Española de 1978 é a norma suprema ou máxima do ordenamento xurídico español, consecuencia dun proceso histórico denominado Transición Española que converteu o réxime franquista de 1975 nunha Monarquía Parlamentaria.
Que é a Constitución?
A Constitución é a Norma Fundamental do Estado, á que están suxeitos os poderes públicos e os cidadáns. Toda disposición ou acto contrario á Constitución carece de validez e será convenientemente expulsado do ordenamento xurídico ou sancionado con arranxo ás normas sobre xustiza constitucional e outras disposicións constitucionais e legais.
Seguindo a liña das constitucións modernas, a Constitución Española de 1978 se estrutura en dous partes claramente diferenciadas en canto ao seu contido: a parte dogmática e a parte orgánica.
- Parte dogmática: nesta parte da norma xurídica faise unha declaración de principios que indican e recollen os valores imperantes na sociedade que a promulga, aparecen os principais dereitos constitucionais dos cidadáns españois. Á súa vez, o Título preliminar contén os Principios constitucionais que determinan a configuración do Estado e os seus acenos de identidade. A soberanía nacional faise residir no pobo español, pero a polémica redacción do artigo 2, que inclúe o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que integran a nación española sempre foi destacado pola ambigüidade da súa redacción, que aínda que permitiu o consenso para a súa aprobación, tamén deu lugar a múltiples interpretacións.
- Parte orgánica: deséñase a estrutura do Estado regulando os órganos básicos que exercen os poderes estatais. O sistema español conserva o deseño tripartito de división de poderes de Montesquieu, entre Poder executivo, Poder lexislativo e Poder xudicial.
A Constitución finaliza coas Disposicións Adicionais, Transitoria, derrogatoria e final.
(Constitución española de 1978. Galipedia, a Wikipedia en galego.
http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Constituci%C3%B3n_espa%C3%B1ola_de_1978&oldid=308845)
http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Constituci%C3%B3n_espa%C3%B1ola_de_1978&oldid=308845)
Quen a fixo?
Unha das tarefas prioritarias das Cortes foi a redacción dunha Constitución. A Lei de Reforma Política ofrecía a posibilidade de que a iniciativa da reforma constitucional correspondese ao Goberno ou ao Congreso dos Deputados, elixíndose esta última opción. A Comisión de Asuntos Constitucionais e Liberdades Públicas do Congreso dos Deputados designou un Relatorio de sete deputados, que elaborou un anteproxecto de Constitución. Estas sete persoas, coñecidas como os Pais da Constitución foron:
- Gabriel Cisneros (UCD)
- José Pardo Pérez Llorca (UCD)
- Miguel Herrero e Rodríguez de Miñón (UCD)
- Miguel Roca Junyent (CDC)
- Manuel Fraga Iribarne (AP)
- Gregorio Peces-Barba (PSOE)
- Jordi Solé Tura (PCE)
O anteproxecto discutiuse na Comisión e, posteriormente foi discutido e aprobado polo Congreso dos Deputados. A continuación, procedeuse ao exame do texto do Congreso pola Comisión Constitucional do Senado, e o Pleno do mesmo órgano.
A discrepancia entre o texto aprobado polo Congreso e o aprobado polo Senado fixeron necesaria a intervención dunha Comisión Mixta Congreso-Senado, que elaborou un texto definitivo. Este foi votado e aprobado polas dúas Cámaras. Sometido a referendo, foi ratificado o día 6 de decembro de 1978 co 87% dos votos ao seu favor, sancionado o día 27 do mesmo mes polo Rei, e publicado no BOE o 29 de decembro (evitouse o día 28 por coincidir co día dos Santos Inocentes, tradicionalmente dedicado ás bromas). Desde entón, cada 6 de decembro é festa nacional en España, celebrándose o Día da Constitución.
(Constitución española de 1978. Galipedia, a Wikipedia en galego.
http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Constituci%C3%B3n_espa%C3%B1ola_de_1978&oldid=308845)
O texto da Constitución en galego
Teño que dicir que non hai moitos contidos na rede tratando o tema da Constitución en galego, e para nenos non hai case nada. Así que tratei de atopar o texto completo, para quen queira traballalo ó seu modo. Buscando, buscando, non só topei co texto da Constitución do 1978 (actual), senón que tiven a grata sorpresa de ver que hai unha traducción recente da anterior, da de 1812, edición feita polo Consello da Cultura Galega coa colaboración da Secretaría xeral de Política Lingüística e a Escola Galega de Administración Pública, que traduciu o texto lexislativo ao galego.
Poño os enlaces ás páxinas onde se poden consultar e descargar en formato pdf:
Para que a coñezan os nenos
A Constitución non é un tema doado de tratar, aborda temas complexos que nin os adultos coñecemos en detalle: dificilmente poderemos explicar a un neno algo que non sabemos, sempre formulan as preguntas que nos fan quedar en evidencia! Polo tanto, recomendo non ser confiado e mirar moi ben este tema antes de comezar a explicalo.
Non topando recursos apropiados para nenos en galego, propoño a seguinte presentación online (en castelán) da web do Parlamento de Canarias: se alguén se anima a facer unha en galego, ou coñece unha existente, por favor que nolo faga saber.
Non topando recursos apropiados para nenos en galego, propoño a seguinte presentación online (en castelán) da web do Parlamento de Canarias: se alguén se anima a facer unha en galego, ou coñece unha existente, por favor que nolo faga saber.
- Constitución Española para niños (en castelán)
Podemos tamén xogar a ver se coñecemos as Comunidades Autónomas e Provincias que compoñen España, cun xogo online tipo puzzle, en galego, da web Mapas Interactivos:
E se ides de ponte co gallo dos festivos, pasádeo ben!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario