O 21 de decembro é o solsticio do inverno, data na que se celebraba unha antiga festa celta. O cristianismo marcou o día 25 de decembro de Nadal para lembra-lo nacemento de Cristo, coincidindo coas celebracións paganas.
Na cultura celta, a festividade do solsticio de inverno recibía o nome de Yule. O Yule designa o momento en que a roda do ano está no seu momento máis baixo, preparada para subir de novo.
"Alban Arthuan"
O "Alban Arthuan" era un dos antigos festivais celtas do lume. Tiña lugar durante a noite que ía do 21 ó 22 de decembro (segundo o método que usaban os druídas para medi-lo tempo), e coincidía co solsticio de inverno. "Alban Arthuan" - en galego "A Lumeira de Artur" - facía referencia ás lendas artúricas que afirmaban que o mítico rei naceu no solsticio de inverno.
O Alban Arthuan marcaba a celebración tanto do día máis curto do ano coma do renacemento do sol.
Adoitaban poñer decoracións con moitas cores colgando da árbore, na zona de Galicia normalmente un piñeiro, para simboliza-los diferentes obxectos estelares que tiñan relevancia entre os celtas: o sol, a lúa e as estrelas, e tamén para representa-las almas dos que morreran durante o ano anterior.
Árbore de Nadal
Os antigos celtas crían que a árbore representaba un poder, e que ese poder protexía e axudaba á árbore. Os bosques sagrados servían como templo aos xermanos. Para os galos, a aciñeira era unha árbore sagrada sobre a que os druídas, sacerdotes celtas gardiáns das tradicións, recollían o visgo seguindo un rito sagrado.Adoitaban poñer decoracións con moitas cores colgando da árbore, na zona de Galicia normalmente un piñeiro, para simboliza-los diferentes obxectos estelares que tiñan relevancia entre os celtas: o sol, a lúa e as estrelas, e tamén para representa-las almas dos que morreran durante o ano anterior.
"Cepo do Nadal"
Durante a festividade de Yule era tradicional queimar o madeiro de Yule, un longo madeiro de árbore que ía ardendo lentamente durante toda a tempada de celebracións, en honor do nacemento do novo sol.
Na nosa tradición, o "cepo de Nadal" era unha cepa grande de madeira boa, de carballo xeralmente, que se botaba no lume da lareira para que ardese durante toda a noite. Nalgunhas comarcas tamén se usaba o chamado "Lume novo" (as brasas deste lume, facíanse nas lareiras das casas queimando toxo ou leña miúda, logo eran benditas o Sábado Santo no adro da igrexa. Gardábanse porque daba boa sorte á familia e acendíanse na noite de Nadal).
Á calor e á luz deste lume xuntábase a xente e cantaban panxoliñas, contaban historias da Santa Compaña, da Estadea, de mouros, serpes, encantos, contos de rir, etc mentres os nenos xogaban. Pensábase que ás animas da familia estaban presentes esa noite arredor do lume.
Este cepo do Nadal era moito máis que o alimento do lume dunha noite do ano. Os carbóns que facía non se guindaban, gardábanse nun curruncho da casa por teren propiedades máxicas. Cando tronaba, tanto nas treboadas de verán como no anaco de inverno que aínda quedaba por vir, collíase borralla do cepo de Nadal e botábase de novo á lareira, para que se fixesen ascuas novas e espantasen os tronos.

Receita do "Tronco de Nadal"
Destas tradicións proceden os pasteis en forma de madeiro (madeiros de chocolate) que hoxe en día se fan polo Nadal.O "Tronco de Nadal" consiste nun brazo de xitano recheo e cuberto de chocolate. O que vos presenta a web de PequeRecetas está recheo dunha sinxela crema de turrón, pero se non vos gusta podedes poñerlle diferentes recheos, por exemplo de mouse de turrón, de trufa, crema de cacao ou simplemente de nata montada (receita en castelán).
É unha sobremesa moi vistosa, e ós nenos seguro que lles encanta axudar a facela, máis aínda comela!